domingo, 26 de julio de 2015

REFLEXIÓN DO MÓDULO 1: MARCO CONCEPTUAL



Cando tomei a decisión de realizar este Posgrao, pensaba que sería unha oportunidade de facerme con máis recursos e ferramentas para aplicar nas tarefas de orientación, e así se confirmou neste primeiro módulo. O feito de compartir experiencias con outros orientadores e contar con especialistas na materia,  fan que resulte moi enriquecedor.

O primeiro módulo do curso: o marco conceptual, estructúrase en cinco temas:

1- Marco de referencia da orientación laboral, nel abordouse a organización, estructura e competencias do Sistema Nacional de Emprego, ademáis das políticas de emprego española e europeas. Os contidos teóricos estiveron apoiados co relatorio de Teresa Bernal, xefa do Servizo de Orientación Laboral da Consellería de Traballo, quen afondou na estructura do Servizo publico de emprego de Galicia (SPEG), as medidas activas de emprego e realizou unha pequena análise do mercado laboral galego.

2- O mercado laboral. A ponencia de Fernando Agulló levounos a ter unha visión máis global do funcionamento do mercado de traballo, dos elementos que interveñen nel e dos seus indicadores. Describiunos de maneira moi clara  as causas e efectos do paro así coma os distintos tipos de paro existentes. Rematou o tema cunha primeira aproximación á iniciativa emprendedora, falando das empresas de Economía Social.

3- Certificación e formación profesional. Elena González e Ana Ferreiroa Dobarro explicaron o novo marco das competencias profesionais, as vías de acceso para á obtención dos certificados de profesionalidade,  facendo un percorrido polos distintos tipos de formación existentes. Destacar deste tema a importancia de saber diferenciar entre cualificación e competencia.

"Unha persoa pode ser capaz pero non competente".
"Unha persoa competente implica que é capaz".



4- Política social e de emprego na Unión Europea. Neste tema poidemos coñecer algunhas das posibilidades que ofrece a UE en canto a programas formativos e de emprego, redes de información, recursos e ferramentas para a mobilidade. 
O relatorio de Cristina Couto fixo que tiveramos unha visión máis próxima da U.E deixándonos moitos recursos e información relacionada, redes de información europea coma: NARIC, Eurodesk , Enterprise Europe Network, SOLVIT, son algúns dos exemplos.

5-  A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral. Un tema no que poidemos ver o emprendemento como unha porta aberta para saír da crise. Traballamos en grupos, facendo un xogo de simulación coa elaboración do noso modelo de negocio e o lenzo CANVAS. Unha metodoloxia de traballo moi axeitada para aqueles que non temos moito coñecemento da materia e que permitiu achegarnos ao emprendemento dunha de maneira doada e práctica.

    

                         

Nun mercado laboral tan dinámico e cambiante, non podemos esquecer o necesario coñecemento e utilización das TIC. Carlos Parada achegounos a algunhas das redes sociais e ensinounos a empregar algunhas ferramentas que espero poder utilizar con máis soltura.


Para saber máis:

1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar