viernes, 17 de julio de 2015

Nube de intereses Oscar Cano

Nube de intereses de Oscar Cano

"Estas son mis principales áreas de interés"


A Orientación Laboral e un proceso no que participan PERSOAS que axudan a persoas na busca de traballo. Un proceso no que se inclúen entre outros aspectos a información, recursos formativos ou o asesoramento a persoa demandante de EMPREGO. Como tal proceso precisa da exixencia dun RESPETO mutuo cara as expectativas da persoa orientada. Nunha posición de IGUALDADE e empatía que facilite ao/á orientador/a

Por parte da persoa orientada se exixe una certa dose de RESPONSABILIDADE para poder levar a cabo as acción pactadas entre ambos encamiñadas a cambiar a situación na que se atopa. Desa relación entre orientador/a e persoa orientada sairá o ITINERARIO a desenvolver no que se irán poñendo metas acorde aos desexos expresados e que serán máis ou menos desafiantes procurándose que non sexan inalcanzables. Ditos obxectivos deberán incidir no CURRÍCULO da persoa, non como papel onde se colocan en determinada orde todos aqueles feitos vitais senón como expresa a súa etimoloxía: unha carreira da vida encamiñada a facer realidade os seus anhelos laborais nunha situación de normalidade e IGUALDADE  que faciliten o autocoñecemento e motivación cara a busca de emprego.

Accede a mi perfil en twitter







No hay comentarios:

Publicar un comentario