jueves, 23 de julio de 2015


Reflexión do grupo 13 “ENCAMIÑADOS”

 


TEMA 5: INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AL MERCADO LABORAL


Comeza unha nova sesión do Posgrao de Orientación laboral (#POLAB15) e toca o TEMA 5: Iniciativa emprendedora como forma de aceso ao mercado laboral, impartida polo profesor Fernando Agulló.

Como na anterior sesión de Agulló chama a atención que a primeira diapositiva sexa a estruturación do tema cos tempos que se lle vai dedicar a cada un. Sorprende que se poda chegar a axustar tanto á presentación. Veremos que pasa.

O tema de hoxe non parece que vaia a espertar moitos encontros. Todos temos una idea de como levar a cabo o proceso de creación dunha empresa, pero non está mal calquera aporte que ilumine un tema que soe resultar extremadamente farragoso.

A primeira parte é unha continuación do comezado no tema 2, entendemos que é a parte que quedou sen dar na anterior sesión. Tratamos o fenómeno do paro e o mercado de traballo aclarando as perspectivas clásica e, a tan de moda, keinesiana. Que supón a oferta e a demanda no mercado laboral e como achegar ao desexado equilibrio.

As definicións de Paro ou de EPA provoca algún que outro resollado no aula. É posible que moitas persoas estean afeitas a traballar sobre estes datos, a manexalos, ou os teñan xa máis que vistos pola súa formación previa. Entendemos que ao ser un grupo completamente heteroxéneo non está demais que se repasen estes conceptos e non se dea nada por sabido.

Clasificar os tipos de paro e as súas causas axuda un pouco a poñer en contexto a situación na que estamos e encamiñar o que será a segunda parte da exposición.

Cambiamos de terzo e entramos no que será o miolo do tema. A iniciativa emprendedora. Como ven sendo común contextualizamos a situación poñendo de relevo algo no que todos estamos de acordo: a situación non é boa e en Galicia parece ser aínda peor.



Dúas ideas parecen ser recorrentes: o emprendemento parece ser o mellor camiño de saír da situación na que nos atopamos; a outra idea é que as empresas da economía social ten valores engadidos que axudarían a amortecer unha situación similar á que estamos vivindo actualmente polas súas propias características.

Este comentario fará que máis adiante, cando teñamos que encarar a práctica de creación de empresas nos decidamos pola “creación” dunha empresa de economía social. Comentámolo entre nos y nos parece unha boa idea.

No descanso aproveitamos para perfilar aquilo que parece aveciñarse. A posta en marcha dunha empresa.

Logo do descanso comezamos cos “elementos esenciais do plan de empresa”. Como se xesta unha empresa, como nace, de onde saen as ideas, o perfil do emprendedor... e sobre todo o plan de empresa. Perfilar un bo plan de empresa servirá para evitar que a nosa empresa fracase antes de comezar a despegar.

Como facer un plan de empresa? Pois nada mellor que seguindo un método. Neste caso a proposta é o CANVAS. Un método/xogo no que deixaremos claros todos aqueles puntos que precisamos para comezar co mellor pe. Desde a nosa perspectiva da orientación laboral nos parece acertado, xa que debe ser o propio interesado quen aporte as respostas adecuadas. Non consiste en asesorar senón en titorizar un proxecto.




Finalizamos coa practica esperada e poñemos negro sobre branco as ideas que ían xurdindo. Cada un dos grupos da nosa clase centrouse en intentar dar vida a aquel lenzo, a aquel “canvas”, tan branco. Foi unha sesión intensa na que urxía poñer en común moitos aspectos imprescindibles para lograr o obxectivo que nos tiñan solicitado.




Tratábase dunha pequena tormenta de ideas que perfilaríamos máis adiante, así que non houbo demasiadas discrepancias nin disensións. Non se apreciou que ningún dos grupos que traballaban xuntos tiveran moitos máis problemas ca nos. Cada quen traballaba no seu e apuraba. Non había demasiado tempo e si moito que facer. Ter unha idea, desenvolvela e darlle forma todo nunha mañá é unha proeza que todos conseguimos levar a cabo.

So nos queda rematar cunha frase resumo:



“El pesimista ve medio vaso vacío, el optimista ve medio vaso lleno y el emprendedor va en busca de más agua”



ANEXOS

A seguir poñemos unha serie de enlaces que poden ser de interese e como non o storify saído da sesión.



Manual de agentes de empleo  desarrollo local: http://goo.gl/QIUA25

Guía para a elaboración dun plan de negocio

Guía creación de empresas de inserción laboral

Storify del día 11/07/2015:




1 comentario:

  1. O señor Benjamin foi por riba dos seus requisitos para axudarme co meu préstamo que empregou para ampliar o meu negocio de farmacia, eran xoias simpáticas, profesionais e absolutas para traballar. Recomendaré a calquera persoa que busque préstamo para contactar. Lfdsloans@outlook.com.WhatsApp ... + 19893943740.

    ResponderEliminar