viernes, 24 de julio de 2015

Reflexión persoal sobre os temas do módulo 1

Reflexión persoal sobre os temas do módulo 1


Sesión inaugural

13 de xuño de 2014 da comezo o curso  Posgrao de Orientación laboral. Como calquera cambio na rutina habitual isto tamén leva unha certa dose de inquietude. Unha nova volta ao cole, as clases presenciais, aos novos compañeiros de curso... un novo reto. Unha oportunidade de intercambiar ideas con colegas doutros lugares con un interese común na orientación, a formación e o progreso das persoas. Todo intercambio supone a priori un enriquecemento, así que comezamos con bo pe e altas expectativas polo dito nesta primeira sesión inaugural.
So queda esperar que as expectativas postas no curso y as expostas polos poñentes coincidan e nos deparen unhas interesantes xornadas que compensen os esforzos de estar en clase a mellor parte da finde.

Competencias dixitais (26/06/2015 e 17/07/2015)

Comeza o curso cunha sesión sobre competencias dixitais con Carlos Parada. Amosase desde o principio que vai ser un curso onde as redes van ser tan importantes como o resto dos contidos. Moitas ferramentas xa son coñecidas de todos pero non todas utilizadas. Ao saír dela temos claro que as coñezamos ou non, as utilicemos ou non, vamos ter que poñernos as pilas. Agora falta que as persoas as que nos diriximos falen o mesmo idioma que nos. Ao ser un módulo transversal teremos ocasión de poñelas en marcha durante estos meses. Todo será que non nos enredemos de máis.



Cualificación profesional e competencias 27/06/2015 e 03/07/2015


Interesante tema e de enorme transcendencia para o traballo de calquera orientador. As sesiones corren a cardo de Elena Glez de la Cámara e Ana Ferreiroa. Os cambios no sistema educativo se suceden no tempo e amezan con facelo lexislatura tras lexislatura. A isto hai que sumarlle a nosa integración no marco europeo común do que nunca parecemos estar suficientemente cerca. Por se isto non fora suficiente a situación se complica aínda máis cos continuos cambios na formación para desempregados e empregados; as exisencias de acreditación para persoas non cualificadas que viñan desenvolvendo o seu traballo dende fai tempo... todo isto precisa dunha armonización que está lonxe de suceder. Unha situación que si é complicado para quen orienta o é moito máis para a persoa que se ve en trámite de acreditar as súas competencias. So queda confiar en que se non se simplifican as cousa polo menos que non se compliquen máis pensando sempre nas persoas usuarias finais.

Mercado de traballo e iniciativa e competencia emprendedora 04/07/2015 e 11/07/2015


Confluimos nun so apartado o mercado de traballo e a iniciativa emprendedora, non por ser ambos temas tratados por Luis Agulló senon por estar os dous temas íntimamente unidos.
Se ben o primeiro día démoslle un repaso somero pero clarificador de que é e como se estrutura o mercado de traballo xa se ía perfilando o que se diría no segundo: so unha economía emprendedora pode sacarnos do estancamento e producir emprego, e as empresas sociais producen un maior arraigamento da poboación ademais de amortecer o impacto dunha posible repetición da situación actual.
Como nada mellor que poñer algo en práctica para velo claramente rematamos coa elaboración dun canvas e o proceso inicial de creación dunha empresa.


Política social e emprego na EU 10/07/2014


Creer que as posibilidades de emprego en Europa se reducen a rede Eures sería un erro enorme. Diso se encargou prolixamente Cristina Couto na súa sesión. Durante o tempo que se lle asignou nos levou por todos os estamentos europeos onde se podería atopar traballo ou conseguir financiamento para diferentes proxectos. Tantas foron as opcións que non deu moito máis tempo que a sinalalas e pasar por riba delas a toda velocidade. Interesante para saber que existen e logo poder profundizar se o interese da persoa vai por un ou outro camiño. De poñer unha pega sería que estivo demasiado enfocado a titulados medios ou superiores e moi pouco ou nada se dixo das persoas de oficios



Enlaces de inteses:

 Portal do recoñecemento das competencias profesionais adquiridas

Guía de recursos para estudiar y trabajar en europa (INJUVE)



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario