Nesta tarefa do Posgrao, temos que falar do noso PLE, (Personal Learning Enviroment), é dicir a nosa "contorna persoal de aprendizaxe", a cal está formada por :
- O conxunto de ferramentas que utilizamos para comunicarnos con outras persoas.
- O conxunto de recursos xerados por outras persoas, ós que accedemos utilizando distintas fontes.
- E a rede persoal de aprendizaxe (PLN), que son as persoas coas que nos comunicamos.
No meu esquema, identifico o meu PLE coa luz, son os recursos e ferramentas cos que podo reflexionar, aprender, e avanzar na miña aprendizaxe.
O meu PLE actual baséase principalmente:
- Nas ferramentas usadas para:
- BUSCAR, CONSULTAR información (Internet Explorer, Firefox, Blogs, Webs...) ,
- CREAR contidos: Microsoft Office, Open Office, Tagxedo e Storify.
- COMPARTIR contidos ou traballar de forma colaborativa: Dropbox, Google Drive.
- Nos recursos xerados por outras persoas e que eu podo empregar na miña aprendizaxe, contidos de Blogs, vídeos de Youtube, fotografías de Flickr.
- E sobre todo nas persoas coas que traballo, estudo ou me relaciono través do mail, Twitter, Whatsapp, teléfono...
Coa realización deste Posgrao o meu PLE vai aumentando de maneira notable os meus coñecementos sobre ferramentas coas que elaborar, compartir, e organizar toda a información. Feedly, é unha desas ferramentas, un lector de RSS que nos permite acceder e organizar "ó noso xeito" a información das URL que nos interese, con todas as actualizacións. Permítenos agregar e acceder de xeito rápido a todas as nosas fontes de información, supoñendo un aforro de tempo considerable. Resulta moi útil, tendo en conta a gran cantidade de información que manexamos. Esta que vos mostro , é a miña pantalla de Feedly con poucos "add ", completareina pouco a pouco e espero sacarlle o máximo proveito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario