martes, 22 de septiembre de 2015

Reflexión persoal sobre o PLE

PLE? Pero de qué estamos a falar?

A primeira vez que un escoita esta sílaba acostumado a escoitar outras como “twiter”, “linkedin”, “storify”, “hashtag”, “network”, “coworking” e demais “palabros”, semella que alguen está comezando a balbucir algo. Tén un son como de silabario para cativos que comezan a ler. Pero o problema ven cando che din que é un acrónimo do inglés. A sorpresa aínda pode ser maior. Un ten na cabeza acrónimos anglosaxóns do tipo FBI, CIA, WWW. Pero… PLE? O misterio non tarda en desvelarse: Persoal Learning Environment! Agora si! Falaramos en cristián: Contorna Persoal de Aprendizaxe. Pero logo de darlle nome queda o tema de darlle contido. É ahí onde empeza a ter sentido e un empeza a ver que non é máis que darlle nome e por en orde algo que todas e todos dun modo inconsciente facemos habitualmente dende que temos uso de razón. Coller contidos, resumilos e expoñelos. A diferencia e que se fai en entorno dixital e o auditorio non coñece límites. A lo menos virtualmente.

Reflexionar sobre o PLE, pode parecer unha redundancia, e en certo modo así o é, xa que non é máis que reflexionar sobre o noso proceso de reflexión creativo ou curativo de contidos. A lo menos tal e como o entendo eu.

Un PLE serve para poñer negro sobre blanco, ou coloríns sobre branco que xa dependerá das aptitudes artísticas da persoa en particular, o noso proceso de aprendizaxe e comunicación. De donde tiramos os contidos, onde os atopamos, como os seleccionamos, que facemos con eles e como os deixamos correr no ciberespacio unha vez lle damos unha ou dúas voltas aportandolle –ou iso nos gusta crer- algo de contido, ou como dirían os pedantes: engadíndolle valor.

O porqué do meu PLE:

Fago unha diferenciación entre busca e consulta xa que o meu ver ten algo de diferente. Consultar e máis ir ao oráculo de google e preguntar, por un lado, e polo outro porque é a palabra empregada para as achegas dos boletíns oficiais, a prensa, ou os blogs. Este tipo de páxinas habitualmente “son consultadas”. Cando o que quero é unha imaxe, un video, ou unha foto para apoiar unha idea, ou unha presentación ou un traballo o que fago e “buscar” naquelas páxinas onde podo atopar aquilo que preciso.

Consultados os contidos e atopadas os recursos que preciso, o seguinte paso e a elaboración, ou a reelaboración, que case tería maior sentido. Para isto calquera ferramente de procesamento de textos, ou de apoiatura gráfica serve. Desde as máis comúns ata as máis complexas. Todo dependerá do tempo que se teña e do obxectivo que se busca. Non se elabora igual un cartaz ou unha infografía, que unha memoria ou un curso para expoñer nunha aula.

Pero pasado o tempo a cousa se vai complicando se non temos certa orde. Os marcadores no chegan, hai que organizar as nosas publicacións, hai que actualizalas e compre telas a man. Que mellor que na nube –en singular, non en plural. Ferramentas como scoop.it ou diigo axudarán nisto e nos permitirán logo dar o salto ao último paso que será o de compartilas.

Este último paso é quizais o que lle da sentido a sílaba/acrónimo PLE. Se temos feito todos os pasos anteriores pero non o damos a coñecer, publicamos, o único, que non pouco, que estamos a facer é ser máis ou menos organizados. Pero non teremos un PLE. So compartindo, aprendendo dos demáis, indo un paso máis aló de cada vez, seremos eses ananos a lombos de xigantes e seremos capazes de avanzar.


USO DE NOVAS FERRAMENTAS.

Supoño que como moitos dos meus compañeiros, a tenor das pausas “pitillo”,  para café van escasas, que unha das ferramentas de maior utilidade das vistas, quizais por descoñecemento, sexa o Feedly. Como no seu momento foi o storify, é unha ferramenta que semella tremendamente util. Ter nunha páxina as novidades que un consulta case a diario e sen ter que abrir unha por unha, nin buscar no medio dos bloges as entradas atrasadas ata dar coa última leída, e todo un achado. A mágoa é que nin por asomo é algo popularizado o das RSS.


Moitas son as páxinas que se poden consultar, pero o que denota é que a administración aínda ten moito camiño por percorrer para facilitarlle a cidadanía o estar ao día das súas comunicacións, maiormente na administración local ou provincial, salvo honrosas, e sorprendentes casi, excepcións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario