sábado, 24 de octubre de 2015

Reflexión grupal: O proceso de orientación laboral e os itinerarios de inserción


O concepto de orientación laboral

Podemos definir a orientación laboral coma un proceso de axuda e acompañamento no desenvolvemento de competencias persoais, sociais e laborais que sitúen á persoa nunha posición favorable ante o emprego e posibiliten o acceso e mantemento dun posto de traballo

Obxectivo: Facilitar o desenvolvemento dos recursos e competencias propias da persoa demandante que lle permitan identificar opcións laborais e elixir entre as mesmas con autonomía, planificando actuacións que o leven a inserción laboral.

A intervención en Orientación Laboral debe basearse nos seguintes principios:

1. Individualización: debe responder as necesidades e circunstancias de cada participante. Polo tanto, os contidos, a temporalización, a linguaxe e as técnicas para utilizar deberán adaptarse a cada persoa.
2. Flexibilidade: debe permitir os axustes necesarios provocados por novas situacións, actividades e/ou informacións que incorpora e realiza o usuario. Así mesmo, deberá permitir unha intervención tanto individual como grupal cando se considere conveniente, adaptando ditas intervencións aos casos concretos.
3. Procura da autonomía: debe potenciar a autonomía de cada participante, desenvolvendo os seus recursos, habilidades e competencias.

As intervencións de orientación poden ser:
  • De atención individualizada: Entrevistas e Titorías. O proceso de orientación laboral entendido de forma individualizada formalizase a través dunha ou varias entrevistas dentro dun proceso e constitúe a porta de entrada ás políticas activas de emprego
  • Actividades grupais: Dinámicas grupais e formativas.

¿Que son os itinerarios personalizados de inserción?

O Itinerario Personalizados de Inserción (IPIs), son un conxunto de accións destinadas a mellorar a empregabilidade das persoas demandantes de emprego; no cal as decisións tómanse consesuadamente entre a persoa orientada e o/a orientador/a.

Os itinerarios teñen como obxectivo: Potenciar a empregabilidade e a autonomía. Supoñen un cambio en varios sentidos:
  • Mellora das súas competencias para afrontar as súas expectativas.
  • Na percepción que ten a persoa de si mesma.
  • Na súa autoestima.



Fases dos itinerarios:

Fase de Inicio: Nesta fase realizase a recepción e acollida que vai a ser fundamental para o desenvolvemento do proceso. Elabórase o perfil profesional coa información recollida para despois dunha análise en profundidade por parte do orientador, concretar un plan de traballo que se traducirá no documento de compromiso de actividades que se desenvolverán ao longo de todo o proceso.

Fase de seguimento: Nesta fase a persoa demandante realizará as distintas actividades propostas, cun seguimento por parte do orientador/a, podendo redefinirse cada itinerario en función da avaliación de cada persoa orientada e das oportunidades reais de conseguir emprego.

Fase de finalización: Esta fase é a fase de avalación dos obxectivos propostos, de comprobar a consecución de todas as actividades previstas, podéndose contemplar tamén situacións de abandono ao longo do proceso.

O papel do orientador poderíase concretar nas seguintes accións; colaboración coas empresas nos procesos de selección de persoal, accións cara á contorna destinadas a minimizar os prexuízos e/ou estereotipos asociados a persoas desempregadas en risco de exclusión social, facilitar o acceso a un emprego ou a mellora profesional de persoas traballadoras e evitar a segregación horizontal e/ou vertical por cuestións de xénero, idade ou orixe.

A incorporación ao mercado laboral é moi complicada nos nosos días. Máis aínda para persoas con escasa cualificación, que carecen de redes sociais ou para aquelas persoas as que lle falta información ou que desecoñecen como acceder a ela.
Esta dificultade incrémentase se temos en conta que, dentro da poboación xeral, hai persoas desempregadas con diferentes problemáticas (inmigración, vítimas de violencia, drogodependencias, etc), que propician situacións de desemprego de longa duración, economía sumerxida, condicións precarias, etc.

Polo tanto as peculiaridades desta profesión, cuxa misión esencial é a axuda ás persoas, exise características tales coma; sensibilidade social, autoconfianza, autocontrol, confiabilidad, paciencia, responsabilidade, proactividade, positivismo, amabilidade, empatía, asertividade, adaptabilidade, flexibilidade e cooperación.

Como fin de sesión presencial do día 26 de Setembro, con Mª Teresa Deus traballamos en grupo casos prácticos  de orientación a persoas con distintos perfiles profesionais e situacións familiares diversas. Resulto moi enriquecedor, xa que o traballo en grupo permite ver as situacións baixo distintos puntos de vista e posibilita compartir información, o que significa maior aprendizaxe.



No hay comentarios:

Publicar un comentario