viernes, 30 de octubre de 2015


O módulo 3 é un percorrido polo marco instrumental da orientación laboral, dividido nos seguintes temas:

1. A Intermediación laboral.
2. Os itinerarios de inserción.
3. Procesos individuais de Orientación e axuda na toma de decisións.
4. Análise de perfís profesionais e prospección de emprego.
5. Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego.
6. A elaboración do plan de empresa.

1. A Intermediación laboral.

A modo de introdución faise referencia os distintos modelos de intervención na orientación laboral: o modelo didáctico, o modelo de asesoramento e o modelo centrado en recursos. É fundamental empregalos coma unha guía flexible para adaptarse a heteroxeneidade das persoas atendidas.
A orientación de colectivos vulnerables e outro dos puntos tratados neste tema. Coñecer os factores que están a dificultar o acceso destes colectivos ó mercado laboral é clave no deseño e  desenvolvemento de accións destinadas a mellorar a súa empregabilidade.

2. Os itinerarios de inserción.

Os itinerarios de inserción son un conxunto de accións destinadas a mellorar a empregabilidade das persoas demandantes de emprego. Neste tipo de accións as decisións tómanse consesuadamente entre a persoa orientada e o/a orientador/a; sendo a característica fundamental a súa flexibilidade. Adoitan a estar compostos por tres fases diferenciadas: 
-Un diagnostico personalizado
-Unha intervención na que coexisten actividades individuais e grupais
-Unha supervisión ou avaliación continua



3. Procesos individuais de Orientación e axuda na toma de decisións.

Neste tema profundízase nas entrevistas de orientación, nas súas funcións, tipos e partes das que consta. As entrevistas son esenciais no proceso de orientación, nelas o orientador/a debe obter a maior información posible sobre a situación actual do demandante, do seu obxectivo profesional, dos recursos dos que dispón, para así determinar as áreas a traballar , e o plan de traballo máis axeitado a seguir. 
Abordánse tamén as entrevistas de selección por competencias, que son aquelas que buscan a mellor adecuación do/a candidato/a a un determinado posto de traballo.

4. Análise de perfís profesionais e prospección de emprego.

A realización da análise dos postos de traballo e a prospección do mercado laboral son tarefas fundamentais para os profesionais da orientación laboral. A prospección do mercado laboral é unha ferramenta básica de achegamento entre as empresas e as persoas desempregadas. 
A análise do tecido empresarial da contorna permite ó orientador detectar en cada momento a situación do mercado laboral, a súa evolución, os sectores xeradores de emprego,  e os perfís  máis demandados polas empresas.





5.Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego.

Neste tema faise unha análise das principais ferramentas e técnicas para realizar unha busca de emprego activa, organizada e planificada. O seu coñecemento é de vital importancia para a incorporación ao mercado de traballo.
O coñecemento dos recursos existentes para o autoemprego é básico para ofrecer un bo asesoramento a aquelas persoas que estén valorando traballar por conta propia. A realización de accións de asesoramento para a elaboración do plan de empresa, o coñecemento das axudas existentes poden servir de apoio ás persoas emprendedoras para avanzar na súa idea inicial.




6 A elaboración do plan de empresa.

Como orientadores laborais debemos coñecer que é un plan de empresa e as súas características fundamentais. A súa elaboración é primordial para persoa emprendedora xa que lle permitirá reflexionar e definir os obxectivos, estratexias e a valoración da viabilidade da súa idea de negocio. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario